Actúa

Queres apoiar a loita polo fin do carbón e por un sistema enerxético 100% renovábel?
- Súmate ás mobilizacións polo clima!.
- Participa en ciberaccións polo abandono do carbón. Como esta, para pedir á multinacional General Electric que saia do negocio do carbón e deixe de fornecer equipamento a 18 novas centrais de carbón en 16 países. Tes máis propostas de ciberaccións na web de Europe beyond coal.
- Como prosumidor/a (consumidor/a e, se podes, produtor/a) de enerxía tamén podes contribuír á transición enerxética. De que xeito?. Aforrando enerxía. Contratando a electricidade fóra do oligopolio eléctrico, con cooperativas verdes (como a galega Nosa Enerxía). Instalando paneis solares en casa. Ou participando en investimentos comunitarios en instalacións renovábeis.
- Se es representante dunha organización que desexa formar parte de “Galiza, un futuro sen carbón“, ponte en contacto connosco escribindo a galiciasencarbon@gmail.com.